NoCamiñoTeatroNovo
II Encontro
27 de Xullo ao 17 Agosto
Convocatoria de selección
REQUISITOS
Poderán participar na Compañía No Camiño Teatro Novo, todos
aqueles rapaces e rapazas da Comunidade Galega interesados
no teatro con idades entre os 14 e os 26 anos.
PROBA DE SELECCIÓN
As probas de selección serán nos lugares e datas que a continuación
se detallan:
7 de abril
Vigo
Local de Atrezo Teatro
Rúa Joaquín Loriga 24 Baixo.
Horario de 10:00 -13:00 horas
Ourense
Salón de Actos do Auditorio Municipal de Ourense
Horario de 17:00 – 20:00 horas
8 de abril
Lugo
Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra
Horario de 11:00 – 13:00 horas
A Coruña
Salón de Actos do Centro Cívico Os Mallos
Horario de 17:00 – 20:00 horas
9 de abril
Santiago
Local da FEGATEA.
Rua Pombal Nª 17 Baixo
Horario de 12:00 – 14:00 horas
PROGRAMA DO TALLER
PREPARACIÓN INSTRUMENTAL
Ensinar pautas para afinar o instrumento que
é un mesmo (corpo, voz, pensamento, emoción
e instinto).
Traballaremos as seguintes áreas:
• Relaxación (individual e por parellas): explorar
as tensións das distintas zonas do corpo,
dar masaxes para quitar tensión, escoitar
unha música,...
• Impunsivilidade: rirse, facer o ridículo, imitar
a alguén, ser irreverente, expresar molestias
coa voz e o corpo, etc.
• Vulnerabilidade (individual e por parellas):
crear un lugar da infancia, escoitar unha
música significativa, compartir medo, amor,
odio, etc.
Obxectivo pedagóxico:
• Esquecer o exterior, a rúa e entrar nun espazo
de traballo.
• Preparar o instrumento actoral, é dicir, a voz,
o corpo, as emocións, para estar ao servizo
da actuación.
• Adquirir relaxación corporal.
• Pórse expresivo.
• Explorar e ver os posibles bloques emocionais
que aparezan.
TÉCNICA SENSORIAL
Recursos para construír distintos personaxes
e estados de ánimo para entrar en escena.
Viaxes dos sentidos.
Todos os exercicios trabállanse alternando
con actividades físicas e textos concretos.
Obxectivo pedagóxico:
• Conseguir maior expresividade coa voz e co
corpo.
• Adquirir organicidade.
• Saír dos clixés e os estereotipos (aparece
algo máis auténtico en cada un).
• Pór conciencia en algo concreto.
• Estar presente aquí e agora.
• Espertar a sensibilidade.
• Espertar e desenvolver a imaxinación.
• Aumentar a concentración e a relaxación.
Todos estes recursos serven como preparación
ponte para actuar un texto.
PROFESORADO
Victor Duplá, actor Des-coNpuesto teatro
María Vázquez, actriz Des-coNpuesto teatro
Ismeni Espejel, actor Des-coNpuesto teatro
Oscar Velado, actor Des-coNpuesto teatro
Inscripción
A inscripción realizarase a través do seguinte formulario. Por favor, cumprimente todos os datos correctamente:
Ou ben:
• Por correo electrónico, enviando os datos do formulario a festival@artesnocamino.com
• Por correo postal, enviando os datos do formulario a seguinte dirección: Apartado de Correos Nº 42. Sarria – Lugo C.P. 27.600
Máis información
Se tes dúbidas poder chamar ó 659-23.80.03
Para máis info: festival@artesnocamino.com